Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Os suicidantes / [texto], Diego Ameixeiras ; [ilustracións], Tomás Guerrero

por Ameixeiras, Diego (1976-); Guerrero, Tomás (1972-) [debuxante].
Tipo: MonografíaEditor: Vigo : Xerais , 2023 Edición: 1ª ed.Descrición: 99 p. : principalmente il. br. e n. ; 28 cm.ISBN: 9788411104395.Materia(s): Banda deseñada galega | Cómic gallego | Banda deseñada social e política | Cómic social y político | comResumo: Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia da produción. Pero Marion, a pesar de todo, é unha resistente. E non só porque estea evitando inflixirse a morte, senón porque nela comeza a nacer unha resposta a esa tiranía que alimenta, contra os seus propios intereses, a propagación dunha doenza chamada «A gran dor». Aínda que non está orgullosa do seu traballo, Marion leva tempo sendo unha suicidante. Unha operaria da destrución. Aplaca o suplicio mental dos seus clientes a cambio de diñeiro. Mata, elimina, liquida. Pertence a unha banda armada que opera contra o réxime, pero sen cuestionar a súa brutalidade. Ata que chegue o día en que quizais mude o vento da traxedia.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES de Rodeira
Sala préstamo
82-9-G AME sui Dispoñible PED060000021499

Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abismo. Un camiño que ninguén querería percorrer: o camiño da morte autoproducida, executada coas propias mans. As mentes están atravesadas por unha angustia indefinible e centos de vidas causan baixa definitiva cada día para un sistema que só busca a supervivencia da produción. Pero Marion, a pesar de todo, é unha resistente. E non só porque estea evitando inflixirse a morte, senón porque nela comeza a nacer unha resposta a esa tiranía que alimenta, contra os seus propios intereses, a propagación dunha doenza chamada «A gran dor». Aínda que non está orgullosa do seu traballo, Marion leva tempo sendo unha suicidante. Unha operaria da destrución. Aplaca o suplicio mental dos seus clientes a cambio de diñeiro. Mata, elimina, liquida. Pertence a unha banda armada que opera contra o réxime, pero sen cuestionar a súa brutalidade. Ata que chegue o día en que quizais mude o vento da traxedia.

Coa tecnoloxía Koha