Escritos sobre as mulleres : preceptos matrimoniais ; máximas de mulleres espartanas ; excelencia das mulleres / Plutarco ; tradución do grego clásico, introdución e notas de María Teresa Amado Rodríguez
por Plutarco
; Amado Rodríguez, María Teresa [tradutor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES de Rodeira Sala préstamo | 82-3-G PLU esc | Dispoñible | PED060000021399 |
|
Inclúe referencias bibliográficas.
Preceptos matrimoniais ; máximas de mulleres espartanas ; excelencia das mulleres
O único papel que se lles recoñecía ás mulleres no mundo antigo era o que desenvolvían dentro da casa, como esposas, nais e administradoras e organizadoras das cuestións domésticas. Co argumento da súa incapacidade para calquera actividade desenvolvida máis alá dos muros do fogar, foron excluídas da vida pública, non tiveron acceso á educación e viviron no anonimato. Non deixa de sorprender que, no medio deste panorama no que a lei lexitimaba a inferioridade da muller, Plutarco lle dea un papel tan importante nalgunhas das súas obras, considere conveniente o seu acceso á educación, aconselle a súa participación en ámbitos non tradicionais e recoñeza nela calidades que para o común da xente eran exclusivas dos homes. Neste volume incluímos tres tratados que forman parte das Obras morais: Preceptos matrimoniais, Excelencia das mulleres e Máximas de mulleres espartanas.