Señor das moscas / William Golding
por Golding, William (1911-1993) [autor/a]
; Gómez Clemente, Xosé Mª [tradutor/a]
.
Tipo: Este rexistro ten moitos ítems físicos (62). Faga clic aquí para velos todos.
Na súa 1ª novela, William Golding tenta ir seguindo os defectos da sociedade ata chegar ós defectos da natureza humana. O elemento simbólico por excelencia da novela -o "Señor das moscas"- é, coma calquera outro símbolo verdadeiro, moito máis cá suma dos seus compoñentes, aínda que estes sexan explicables.
A novela conta a historia dun fato de rapaces que, logo de sobreviviren a un accidente aéreo, teñen que organiza-la súa vida nunha illa deserta sen a presencia dos adultos. O Señor das moscas vén ser unha parábola ou unha fábula que, coma tódalas grandes parábolas, lle revela ó lector unha conexión íntima e desacougante entre o aspecto inocente, de literatura de entretemento, que ten a súa superficie, e os fondos abismos do seu interior.
3º-4º ESO