La lista de mis deseos : cuando puedes tenerlo todo...¿qué es lo que importa de verdad? / Grégoire Delacourt
por Delacourt, Grégoire [autor/a]
; Clavel Lledó, Teresa [tradutor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES de Rodeira Sala préstamo | 82-3-C DEL lis | 1 | Dispoñible | PED060000018913 |
|
O diñeiro realmente trae a felicidade...?
A protagonista desta historia é Jocelyne, alcumada Jo, que rexenta a súa propia mercería en Arras, unha pequena cidade francesa, e escribe un blog sobre costura e artesanía, diezdedosdeoro, que xa ten miles de seguidores. As súas mellores amigas son as xemelgas propietarias do salón de beleza veciño. O seu marido, Jocelyn, tamén Jo, é unha persoa perfectamente normal, e os seus dous fillos xa non viven na casa. Neste momento da súa vida, non pode evitar sentir certa nostalxia ao pensar nos seus soños xuvenís, agora esvaecidos, de ser modista en París.
Cando as xemelgas a convencen de xogar ao Euromillóns, de súpeto atópase con dezaoito millóns de euros nas mans e a posibilidade de ter todo o que desexa. Foi nese momento cando Jo decidiu comezar a escribir unha lista de todos os seus desexos, desde unha lámpada para a mesa do recibidor ata unha nova cortina de ducha; porque, para a súa propia sorpresa, xa non está totalmente segura de se o diñeiro realmente trae a felicidade...
1º-2º BAC