El cuarto vértice / Carlos Moreno Lugrís
por Moreno Lugrís, Carlos
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| IES de Rodeira Sala préstamo | 82-3-C MOR cua | Dispoñible | PED060000021650 |
|
As vidas de dous vibrantes e intensas mulleres crúzanse nunha circunstancia determinada da vida. As dúas relátanse as súas historias. Elas son moi diferentes, pero comparten iniciais (M. M.): Maruja Mallo e Marina Méndez. Unha é unha anciá inválida atada a unha cama tras unha vida de intensa liberdade; a outra, unha moza cunha existencia crúa e cruel.
Maruja relátalle a súa extensa e talentosa carreira que abrangue todo o século vinte entre as dúas grandes movidas madrileñas: a dos anos vinte e a dos anos oitenta.
Marina, pola súa banda, cóntalle o seu cruel percorrido vital dende os oito anos ata a seu encontro coa anciá.
Maruja fainos viaxar polas correntes pictóricas e poéticas españolas ao longo de case cen anos e Marina convírtese na voz de centos de mulleres que sufriron o acoso moral dunha institución que desapareceu xa ben entrada a democracia: o Patronato da Muller. O autor procura asimesmo situar a Maruja Mallo no lugar que sempre debeu ocupar na historia e reivindicala como o cuarto vértice do xenial polígono que formou xunto con Lorca, Buñuel e Dalí.